Novas

Ve a luz a biografía ilustrada de Rosalía de Castro

Written by Deleite Galego | Feb 23, 2026 7:58:22 PM

Hai moitas maneiras de celebrar o Día de Rosalía. Nós escollemos unha que deixa pegada: publicar un libro que emociona, inspira e convida a ler en familia.

En colaboración coa Casa de Rosalía, presentamos Escribindo nas alas dos paxaros, unha biografía ilustrada da máis universal das nosas letras. O volume conta cos textos de Manuel Lorenzo Baleirón e as ilustracións de Nuria Díaz, que constrúen unha viaxe delicada e luminosa pola vida e a obra de Rosalía de Castro.


Trátase dun libro pensado para achegarlles a súa historia ás crianzas, pero tamén para que as persoas adultas a redescubran con novos ollos. Porque Rosalía non é só memoria: é presente, identidade e futuro.

Un proxecto feito con agarimo, que nace do compromiso coa nosa cultura e coa vontade de compartila coa nosa comunidade.

 SORTEAMOS 100 EXEMPLARES DE AGASALLO NAS NOSAS REDES SOCIAIS

E como as boas novas saben mellor cando se comparten, estamos a regalar 100 exemplares nas nosas redes sociais. Podes participar a través dos nosos perfís en: Facebook, Instagram e X (antes Twitter). Porque ás veces o mellor agasallo é un libro. E se fala de Rosalía, aínda máis 💙📚