Novas

Ve a luz a biografía ilustrada de Rosalía de Castro

Hai moitas maneiras de celebrar o Día de Rosalía. Nós escollemos unha que deixa pegada: publicar un libro que emociona, inspira e convida a ler en familia.

En colaboración coa Casa de Rosalía, presentamos Escribindo nas alas dos paxaros, unha biografía ilustrada da máis universal das nosas letras. O volume conta cos textos de Manuel Lorenzo Baleirón e as ilustracións de Nuria Díaz, que constrúen unha viaxe delicada e luminosa pola vida e a obra de Rosalía de Castro.

Biografia ilustrada Rosalía de Castro Escribindo nas alas dos paxaros Manuel Lorenzo Baleirón Nuria Díaz Casa Fundación Rosalía de Castro Casa Rosalía Día de Rosalía Deleite Galego
Trátase dun libro pensado para achegarlles a súa historia ás crianzas, pero tamén para que as persoas adultas a redescubran con novos ollos. Porque Rosalía non é só memoria: é presente, identidade e futuro.

Un proxecto feito con agarimo, que nace do compromiso coa nosa cultura e coa vontade de compartila coa nosa comunidade.

Biografia ilustrada Rosalía de Castro Escribindo nas alas dos paxaros Manuel Lorenzo Baleirón Nuria Díaz Casa Fundación Rosalía de Castro Casa Rosalía Día de Rosalía Deleite Galego DÍA DE ROSALÍA 23F 23 DE FEBREIRO

 SORTEAMOS 100 EXEMPLARES DE AGASALLO NAS NOSAS REDES SOCIAIS

E como as boas novas saben mellor cando se comparten, estamos a regalar 100 exemplares nas nosas redes sociais. Podes participar a través dos nosos perfís en: Facebook, Instagram e X (antes Twitter). Porque ás veces o mellor agasallo é un libro. E se fala de Rosalía, aínda máis 💙📚