Deleite colabora este ano coa Federación de Librarías de Galicia nas trece feiras do libro que se celebrarán en Galicia dende abril ata agosto, patrocinando, participando e promovendo actividades lúdicas e culturais complementarias.
A primeiras das feiras deste ano terá lugar o vindeiro venres 25 de abril, na Praza da Constitución, en Ferrol; a continuación, o 3 de maio, terá lugar a feira de libro no Paseo Central da Alameda, en Santiago de Compostela. Tamén en marzo haberá outras dúas citas, o martes 13 na Praza Maior de Lugo e o xoves 29 na Rúa Ramón González, no Porriño.
En xuño haberá dúas datas: o xoves 12, na Alameda de Redondela; o mércores 18, na Alameda de Ourense. Ademais, en xullo, as citas serán o martes 1 na Praza de Compostela de Vigo; o xoves 10 nos Xardíns de Xiralda de Ponteareas e o xoves 24 na Praza de Castelao de Rianxo.
Finalmente, no mes de agosto será a quenda da Coruña, o día 1 nos Xardíns de Méndez Núñez, o 12 nos Xardíns de Noriega Varela de Viveiro, o 16 na praza de Conde Fontao de Foz e o 20 na Rúa do Cardeal en Monforte de Lemos.
O compromiso de Deleite coa cultura, coa lingua, e de xeito especial cos libros e coas autoras e autores galegos, engade este ano o apoio incondicional a superviviencia das nosas librarías, como centros culturais locais.
DATAS | LOCALIDADE | LUGAR |
25.04 - 27.04 | FERROL | Praza da Constitución |
03.05 - 11.05 | COMPOSTELA | Paseo da Alameda |
13.05 - 17.05 | LUGO | Praza Maior |
29.05 - 01.06 | O PORRIÑO | Rúa Ramón González |
12.06 - 15.06 | REDONDELA | Parque da Alameda |
18.06 - 21.06 | OURENSE | Parque da Alameda |
01.07 - 07.07 | VIGO | Praza de Compostela |
10.07 - 13.07 | PONTEAREAS | Xardíns de Xiralda |
24.07 - 27.07 | RIANXO | Praza de Castelao |
01.08 - 10.08 | A CORUÑA | Xardíns de Méndez Núñez |
12.08 - 15.08 | VIVEIRO | Xardíns de Noriega Varela |
16.08 - 19.08 | FOZ | Praza de Conde Fontao |
20.08 - 23.08 | MONFORTE | Rúa do Cardeal |