Deleite colabora este ano coa Federación de Librarías de Galicia nas trece feiras do libro que se celebrarán en Galicia dende abril ata agosto, patrocinando, participando e promovendo actividades lúdicas e culturais complementarias.

A primeiras das feiras deste ano terá lugar o vindeiro venres 25 de abril, na Praza da Constitución, en Ferrol; a continuación, o 3 de maio, terá lugar a feira de libro no Paseo Central da Alameda, en Santiago de Compostela. Tamén en marzo haberá outras dúas citas, o martes 13 na Praza Maior de Lugo e o xoves 29 na Rúa Ramón González, no Porriño.
En xuño haberá dúas datas: o xoves 12, na Alameda de Redondela; o mércores 18, na Alameda de Ourense. Ademais, en xullo, as citas serán o martes 1 na Praza de Compostela de Vigo; o xoves 10 nos Xardíns de Xiralda de Ponteareas e o xoves 24 na Praza de Castelao de Rianxo.
Finalmente, no mes de agosto será a quenda da Coruña, o día 1 nos Xardíns de Méndez Núñez, o 12 nos Xardíns de Noriega Varela de Viveiro, o 16 na praza de Conde Fontao de Foz e o 20 na Rúa do Cardeal en Monforte de Lemos.
O compromiso de Deleite coa cultura, coa lingua, e de xeito especial cos libros e coas autoras e autores galegos, engade este ano o apoio incondicional a superviviencia das nosas librarías, como centros culturais locais.