Novas

Debuxos no café. Queres facelos na casa?

Como as cousas están un pouco complicadas nos últimos tempos para andar nas cafetarías, imos aprender a facer debuxos no café na casa.

photo-1529892485617-25f63cd7b1e9

O latte art: a técnica de facer debuxos no café con leite

O máis recomendable para practicar a técnica do latte art é contar cunha máquina de expresso no fogar, algo que está moi extendido dun tempo para aquí.

Se non tes unha desas máquinas de café co gadget de escuma, podes pedir unha escumadora como agasallo de Nadal!

Os debuxos no café dependen da textura que consigas na escuma. Por lóxica, canto máis espesa sexa, máis doado resultará debuxar sobre a superficie da infusión. Hai baristas profesionais que inclúen cores nos seus deseños e mesmo conseguen facer debuxos en 3D. Nós iremos un pouquiño máis despacio e aprenderemos a facer debuxos sinxelos, de momento.

 

Pasos para facer debuxos no café:

  1. Prepara os “ingredientes”

É importante que o leite estea moi, moi frío. Recén sacado da neveira, encheremos tres cuartas partes da xerra de metal. A continuación, introducimos o brazo do vaporizador e subimos e baixamos a xerra para crear a maior osixenación do leite posible. 

Cando teñamos a textura buscada, retiramos a xerra do vaporizador (previamente apagado) e daremos un par de golpes secos no cú do recipiente para eliminar o exceso de burbullas.

photo-1547983896-a51f56785650

  1. Practica as figuras

Unha das máis doadas para comezar é a forma de corazón.

Non te frustres se non che sae as primeiras veces. Adquirir a habilidade de debuxar no café ten moito que ver coa práctica. Collerlle o teu truco persoal á inclinación tanto da cunca como da xerra e o pulo que lle tes que dar a cada “toque” coa escuma.

Para intentar a forma de corazón, sostén a xerra coa man dereita se es unha persoa destra e coa esquerda se es zurda. Con pequenos movementos fluidos, intenta facer un círculo no centro da cunca. Unha vez que o teñas e, sen levantar o fluxo de escuma, marca un fío de de leite dende o centro cara ti. Xa deberías ter o teu primeiro corazón de leite no café!

photo-1511920170033-f8396924c348

O latte art adquire niveis de precisión e profesionalidade ao punto de que se celebran certames mundiais con importantes dotacións económicas e grande recoñecemento na hostalaría. Dende os anos 80, coa normalización de máquinas de expresso en bares, restaurantes e cafetarías, foise creando unha escola de baristas que contribuíu á profesionalización dun sector, tradicionalmente afastado de protocolos e formación regrada. O acceso á información e a adquisición de recoñecemento para o sector hostaleiro deu como resultado o recoñecemento das e dos profesionais do café e a mellora do criterio das consumidoras e consumidores de café con leite. Ti considéraste unha sibarita deste clásico de almorzos e merendas que tanto ten feito pola nosa vida social?

O café con leite é un básico diario de moitas persoas.

Unha das cousas máis chulas que ten tomalo fóra da casa son as fantasías que camareiros e camareiras nos debuxan coa escuma do leite.