Deleituras para máis de 100 bibliotecas
A iniciativa de Deleite Galego para o #DíaDaPoesía foi todo un éxito. Máis dunha centena de centros escolares e bibliotecas interesáronse nos exemplares obxecto de agasallo.
A iniciativa de Deleite Galego para o #DíaDaPoesía foi todo un éxito. Máis dunha centena de centros escolares e bibliotecas interesáronse nos exemplares obxecto de agasallo.
Este ano dende Deleite queremos festexar o #DíaDaPoesía dun xeito especial. Para isto non hai mellor maneira que agasallar ás bibliotecas escolares que nolo soliciten con exemplares de dous dos gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia.
A banda compostelá Grampoder (@somosgrampoder) reinterpreta O Lobo (1976) de Fuxan Os Ventos e convértese na nova entrega de Puro Deleite, o proxecto no que Deleite Galego reúne artistas e bandas do panorama musical galego co propósito de homenaxear os grandes mitos da nosa música.
O pasado sábado tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense a vixésimo primeira edición dos premios Mestre Mateo. A gala tivo como mestra de cerimonias á actriz Bárbara Grandío que estivo acompañada no escenario polas intérpretes Victoria Teijeiro e Belén Constenla.
Un ano máis Deleite Galego súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller. Un 8 de marzo no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e se conmemora a longa historia de loitas e sacrificios para acadalos.
O pasado 23 de febreiro festexamos o #DíadeRosalía un ano máis, polo que decidimos publicar nas nosas redes unha ilustración da máis grande das nosas letras bebendo o mellor leite posible. O deseño, obra de Leo Sousa, gustou tanto que o decidimos converter en camisola.
O vindeiro sábado 11 de marzo terá lugar en Ourense a vixésimo primeira edición dos premios Mestre Mateo. O audiovisual galego vestirase de gala para a súa gran noite que, un ano máis, contará co apoio de Deleite.
Hai uns días puxemos en marcha nas nosas redes sociais un megasorteo de cen libros. Regalamos cincuenta exemplares de Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente, de Ramon D. Veiga, e otros cincuenta de A flora da letra, de Manuel López e Nuria Díaz.
A banda de pop La Casa de los ingleses (@lacasadelosingleses) reinterpretan o clásico atemporal Anduriña(1968) do dúo Juan y Junior e convértense no novo integrante de Puro Deleite, a iniciativa na que Deleite reúne artistas e bandas do panorama musical galego co obxectivo de homenaxear aos grandes mitos da nosa música.
Azucre é a primeira incursión na novela da coruñesa Bibiana Candia, editada en galego por Kalandraka, e con ilustracións de Xosé Cobas. Nela fálanos da Galicia de mediados do século XIX, un país está asolado pola fame e a enfermidade, onde única saída para os mozos era a emigración. Orestes Veiga, inxenuos pero cargado de ilusión, acabará marchando a Cuba onde traballará nos campos de azucre.