Xente Deleite

Ilusión e amor polo campo

Por primeira vez na historia de Galicia, un grupo de gandeiras e gandeiros asume de forma directa o reto de comercializar o seu propio leite. Traballadores e traballadoras do campo que aman a súa profesión e a desenvolven ilusionados a diario.

Corte_Deleite

A nosa xente

O máis importante dun proxecto empresarial é sempre a súa xente. A que fai posible que todo o engranaxe funcione e a que demostra, decote, que aman profundamente o seu traballo. Deleite non sería nada sen a súa paixón.

A nosa xente son os nosos gandeiros. Eles foron os que, por primeira vez na historia de Galicia, decidiron aunar forzas e experiencia para comercializar o seu propio leite. Esta iniciativa, reforza a idea de que as traballadoras e traballadores do campo galego son a resistencia.

Os nosos gandeiros erguen cedo cada mañá a sabendas de que a súa profesión é dura, mais exércena con ilusión. Deste xeito, son quen de lanzar ao mercado un leite que sabe a herba, a terra e esforzo. Deleite é amor polo campo e por todo o bo que trae da man.

QUEN-SOMOS
QUEN SOMOS