Leite Noso é a sociedade de gandeiros galegos consituída coa vontade de garantir a producción de leite de calidade e a sua comercialización de forma directa. Unha iniciativa na que o poder de decisión queda onde comeza todo: no campo e que se fai visible por medio das súas marcas principais: Deleite e Muuu.

 

Deleite, saiu ao mercado co compromiso de que o leite chegue ás nosas casas sen intermediarios, con prezos xustos e contratos estables en orixe para asegurar o futuro da producción láctea, o mantemento das explotacións en condicións óptimas, preservando o emprego no rural, producindo o leite de maior calidade; e convertiuse en pouco tempo nunha das marcas máis vendidas de Galicia, e en toda unha referencia pola súa aposta por un produto de calidade, 100% galego, e o seu compromiso co futuro do sector primario, co rural, coa cultura galega e con Galicia.

 

Deleite comercializouse dende agosto de 2021 como leite convencional. Mentres tanto e durante catro anos as súas explotacións mellorando o proceso de produción e a cabana gandeira, seleccionando de forma natural o gando, coa intención para comercializar o leite das vacas de vacas A2. Leite libre da proteína A1.

 

Deleite é agora o primerio e único leite A2 UHT, en Galicia e en España.

 

Deleite é agora o mellor leite posible.

Compromisos de Deleite:

Modernidade-300x300

Modernidade

Apostamos polo futuro do noso campo, coidando de que as nosas explotacións sexan referencias en innovación e modernidade, asegurando así un rural sostible e a calidade de vida de quen o habita.

Valor-300x300

Valor

Dámoslle ao noso produto o valor que realmente ten: o do traballo de quen adica todos os esforzos para que chege ás nosas casas un leite natural, de calidade e 100% noso. Non dá igual que leite mercar...

Futuro-300x300

Futuro

Coidamos de que as e os pequenos saiban do que facemos, asegurando o relevo xeracional, e procurando que vexan a vida no rural co cariño co que as gandeiras e gandeiros de Deleite entenden o seu traballo.

Benestar-300x300

Benestar

O benestar animal é unha prioridade para os gandeiros de Deleite. As súas vacas son a súa vida, o seu maior patrimonio, e a razón de ser do seu traballo. Por eso coidan delas cada día.

País-300x300

País

A aposta de Deleite é transformadora para un país con todo o potencial do mundo e unha riqueza inmensa. Potenciar a capacidade de Galicia para producir alimentos de calidade é un dos nosos obxectivos.

Cultura-1-300x300

Cultura

Deleite non se entende sen o seu apoio á cultura galega en todas as súas modalidades. Patrocinando festivais e eventos, ou colaborando co lanzamento de novidades editoriais ou discográficas.

Deleite-DeleiteMarcaA2A2_VF