Avisos legais

 

Propiedade da páxina web e dos seus contidos

Este dominio web e as páxinas aloxadas nel son propiedade do Leite Noso S.L. A finalidade destas páxinas é difundir as actividades da sociedade e dar a coñecer os seus produtos e novas relacionadas cos mesmos.

Exención de responsabilidade

A información facilitada nesta web ten efectos unicamente informativos. Leite Noso S.L.  non se compromete e declina toda responsabilidade sobre o mantemento e actualización destes datos. Leite Noso S.L. non se fai responsable dos danos e perdas que poida ocasionar o uso ilexítimo das ferramentas e da información contida nesta web.

Leite Noso S.L.  non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos das páxinas externas enlazadas desde este sitio web.

Leite Noso S.L. ten reservada para si a facultade realizar, en calquera momento e sen aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida nesta web.

Normativa de uso

Os usuarios comprométense a utilizar esta páxina web sen incorrer en actividades que poidan ser consideradas ilegais ou que incumpran os dereitos de Leite Noso S.L. Os usuarios non poderán acceder a este sitio web co fin de danar, deteriorar ou inutilizar os servizos e a información ofrecida.

A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en sentido contrario, non pode ser utilizada para usos comerciais. Ademais, os usuarios que usen esta información ou as aplicacións aloxadas neste sitio deben cumprir as seguintes condicións:

  • Non poderán realizar modificacións que supoñan a desnaturalización da información contida no dominio.
  • Deberán, en todos os casos, citar a orixe (fonte) dos documentos e da información reutilizada.
  • Deberán mencionar a data da última actualización da información ou dos documentos reutilizados.