Agora, máis que nunca, non dá igual que leite mercar
Que é o leite A2A2?
É un leite producido por vacas que, pola súa xenética natural, non teñen a proteína causante de boa parte dos problemas dixestivos relacionados co consumo de leite.
É o leite orixinario auténtico e xenuino. Non é un leite especial, nin un leite enriquecido ou funcional. Non é un leite resultado dun proceso tecnolóxico.
É o leite procedente das vacas A2, seleccionadas naturalmente, sen engadir nin quitar nada.

Que sabes do leite A2A2?
As gandeiras e os gandeiros de Deleite producen leite A2A2 seleccionando as vacas A2 de xeito natural para acadar un produto de mellor calidade, auténtico e xenuíno: o leite orixinario. O leite que foi e será.

Que son as vacas A2?

Análise xenética
Cando nacen, realízase unha análise xenética para comprobar as proteínas asociadas a cada un dos animais, para comprobar se só producirán A2 ou tamén A1.

Selección
Aínda que nas explotacións de Deleite as vacas conviven, sexa cal sexa a súa xenética, distínguense a través de indicadores aquelas que producen leite A2A2.

Extracción e envasado
Nos procesos de ordeño, diferéncianse as vacas que producen A2A2 das que producen leite coa proteína A1. Despois, diferénciase na recollida e no envasado.
OS BENEFICIOS DO LEITE A2
Máis dixestiva
A composición proteínica do leite A2A2, convírteo nun leite facilmente dixerible que non causa problemas gastrointestinais e malestar dixestivo.


Menos reactiva
O leite A2 non causa a mesma resposta inflamatoria naqueles que son intolerantes á lactosa como o fai o leite A1.
Máis saudable
O leite A2 está libre de proteína A1, ten fácil dixestión e senta ben. É máis saudable.


De mellor calidade
As explotacións que producen o leite A2 son explotacións innovadoras , modernas e profesionais que coidan o benestar animal e o medio ambiente. O leite que producen é analizado en orixe diariamente, sometido a constantes auditorías internas e a periódicas auditorías externas.
Mellor sabor natural
O sabor natural de Deleite é o sabor natural da calidade dun leite diferenciado dende a orixe.

Consumir leite A2 é o xeito máis puro de consumir leite. Esa proteína orixinal fará que todo o voso corpo funcione coma un reloxo.