Novas

Mitos sobre o leite

photo-1602153508753-4ace888c10a0

Por que o leite é bo para a saúde?

O leite é un dos alimentos máis completos que existen. A comunidade científica avala esta afirmación. 

O leite contén en sí mesmo prácticamente todos os nutrientes que o noso organismo necesita: calcio, vitaminas D e B12, proteínas de alta calidade, hidratos de carbono, iodo, magnesio, soro e caseína. 

Estes nutrientes son absolutamente fundamentais na nosa dieta. Son a base dun sistema muscular e óseo san, o piar dun funcionamento cardiovascular axeitado e necesarios para un desenvolvemento cognitivo correcto.

De que maneira podería ser perxudicial, entón?

 

Mitos sobre o leite

Algúns dos mitos (completamente falsos) sobre o leite fan referencia a supostas intolerancias á lactosa. Na meirande parte dos casos, as persoas non padecen unha intolerancia, senon que dixiren mal a proteína A1. A solución é tan doada como consumir leite de vacas A2, que nos aportará todo o bo deste alimento tan completo sen padecer dixestións pesadas ou malestar.

Cando se afirma que o ser humano é o único animal que continúa tomando leite na adultez, non se fai conta de que, precisamente o desenvolvemento físico e cognitivo da nosa especie se debe á escolla consciente da alimentación. Somos o único animal que escolle de que alimentarse en calidade dos beneficios que nos aportan os alimentos inxeridos, do mesmo xeito que somos o único animal racional e cunha evolución abismalmente máis rápida que a do resto.

Polo tanto, cando se argumenta isto, estase incorrendo nun reduccionismo absurdo.

photo-1455853828816-0c301a011711

Outras falsedades sobre o leite:

  • Contén antibióticos e/ou hormonas:

Ben, para empezar, está totalmente prohibido por lei administrarlle, neste caso ás vacas, ningún compoñente que potencie a creación de leite. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria controla de maneira exhaustiva a producción de leite e o estado dos animais. Esta afirmación, polo tanto, é totalmente falsa.

  • O leite engorda:

En absoluto é certo. O leite, en cantidades axeitadas, non supón para nada un sobre aporte calórico para unha persoa adulta. Mesmo que esta precise dunha dieta hipocalórica. O aporte graxo do leite é do 3,5% no leite enteiro, do 1,8% no semidesnatado e do 0,8% no desnatado.

  • Provoca perda de calcio:

As e os detractores do leite sosteñen que os vexetais de follas verdes coma a verza, facilitan moito máis a absorción de calcio. O único que non engaden é que haberiamos de inxerir varios kilos de verza ao día para termos un aporte en calcio coma o que nos dá un vaso de leite, mais… en fin, cada quen que bote o día como mellor lle pareza.

photo-1576186726188-c9d70843790f

Os mitos sobre os alimentos, o "boismo" e a conspiranoia son, ademáis de (dubidosos) problemas primeiromundistas, paus nas rodas para que as persoas acaden unha alimentación e dieta saudables. Intentemos fuxir de opinións e tendencias e baseemos a nosa escolla alimentar en criterios científicos e profesionais.






Dun tempo para aquí, viuse extendendo a falsa crenza de que o leite ten efectos negativos para as persoas e que é un alimento prescindible na dieta humana. Pois ben, hoxe veremos por que son falsedades carentes de soporte científico.