Novas

Crema pasteleira caseira para os mellores doces

Asique, veña! Collede o mandil que hoxe toca repostaría.

image1

IIngredientes para a crema pasteleira:

500 ml de Leite Enteiro Deleite

2 xemas de ovo

4 culleradas de azucre

3 culleradas de almidón de millo

Unhas gotiñas de esencia de vainilla

Pel de limón

Unha pizca de sal

 

Cómo facer a crema pasteleira

  1. Separamos as xemas das claras nun recipiente con coidado de que a clara non se nos xunte ao caer. Podes reservala para facer unha tortilla francesa, por exemplo. 
  2. Nun cazo quentamos o leite sen que chegue a ferver e engadímoslle a esencia da vainilla e a pel do limón.
  3. Noutro cazo ou nunha pota (un recipiente que se poda poñer ao lume) misturamos as xemas, o almidón e o sal e quentámolos mentres removemos ben. Cando estean integrados, botámoslle o leite sen a pel do limón e mezclámolo todo ben ata que rompa a ferver.
  4. Retiramos do lume e botamos a nosa crema nun recipiente, preferiblemente de cristal. 
  5. Deixamos arrefriar na neveira e voilá! Xa temos unha deliciosa crema pasteleira caseira para empregar en calquera postre que queiramos.

 

image2

Postres con crema pasteleira

  • Cañas recheas
  • Milfollas 
  • Vasiños de crema e froitas
  • Tartaletas
  • Tarta de hoxaldre de mazá
  • Tronco de nadal
  • Filloas recheas

 

Xa sabes con que te vas dar un capricho esta fin de semana?

 

A crema pasteleira está nun montón de doces, dende os máis tradicionais ao máis modernos. É unha desas receitas que semella moito máis complicada do que é e crédenos cando vos dicimos que non hai comparación entre a caseira e a industrial.