_MG_8643 aigiboga.com DELEITE18 - copia

O sabor da identidade

O compromiso de Deleite coa cultura galega é un dos nosos sinais de identidade. A literatura, as artes, o cinema e a música da nosa terra son unha parte fundamental da personalidade do noso proxecto.

cult-plano

 

Coa Cultura

Dende o seu nacemento, Deleite adquiriu un compromiso coa súa terra, Galicia, e a súa cultura. Coa cultura e a expresión artística como mostra de identidade. A literatura. A arte. O cinema. A música.

A cultura galega define a Deleite en cada ringleira e sobre cada escenario; tras cada plano ou canción. Por iso, todo o mundo sabe que nos comprometemos con ela. Dende o principio, apoiamos festivais, concertos, representacións teatrais, proxectos cinematográficos e fomentamos a lectura no noso idioma dándolle visibilidade ás nosas escritoras e escritores.

Artes-escenicas-600x400

Artes escénicas

Estamos presentes en algunhas das producións teatrais máis exitosa dos últimos anos. Colaboramos coas compañías e os actores para o desenvolvemento e difusión dos espectáculos.

FARIÑA-DELEITE

Audiovisual

Apoiamos ao noso talento audiovisual, participando e promocionando varias producións ao ano. 

Queres ver algunhas?

Ilustracion-600x400

Ilustración e deseño

As ilustracións que acompañan as nosas campañas son de deseñadoras e ilustradores do país.

Literatura-600x400

Literatura

Apoiamos diferentes premios literarios para potenciar a creación literaria na nosa lingua.

Musica-600x400

Música

Deleite patrocina multitude de eventos musicais e lanzamentos discográficos galegos. Ademais de promover o seu propio festival, o Festival do Leite.

10000000_527269645361664_2170682830423471016_n

Deleite non só aposta por potenciar ás nosas creadoras e creadores, tamén empurra aos novos valores da nosa cultura. A aquelas persoas que arrincan un proxecto con incertidume pero cargados de ilusión.

En definitiva, Deleite aposta por visibilizar a nosa cultura e garantir o seu futuro.