O pasado 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras cun novo sorteo de 'deleituras' para poñer en valor o talento das nosas autoras e fomentar a lectura. Nesta ocasión, agasallamos 25 libros de seis escritoras galegas. As obras protagonistas foron A muller de mentira, de Iria Collazo; As malas ideas, de María Solar; Asasinato no muíño do cura, de Arantza Portabales; Boundaries Road, de Cecilia F. Santomé; Comerás flores, de Lucía Solla Sobral; e Pacto de silencio, de Ana Viéitez. Unha selección de historias cheas de emoción, misterio e reflexión que demostran o bo momento que vive a nosa literatura. Moitas grazas a todas as persoas que participastes. Seguiremos compartindo cultura, libros e novas 'deleituras' coa Xente Deleite. E agora si, chegou o momento de coñecer as 25 persoas gañadoras deste sorteo!
📚 A MULLER DE MENTIRA, DE IRIA COLLAZO
Facebook: Ana Porto Magariños e María Tarrío Martínez.
Instagram: @ravacholeira, @talosada e @toxofloreado4.
📚 AS MALAS IDEAS, DE MARÍA SOLAR
Facebook: Angela Rodriguez Carril e Melisa Calo Gonzalez.
Instagram: @letriciam e @olallalores.
📚 ASASINATO NO MUÍÑO DO CURA, DE ARANTZA PORTABALES
Facebook: Cristina Esparís e Mercedes Pena Quintans.
Instagram: @leti_lei4 e @lusansa85.
📚 BOUNDARIES ROAD, DE CECILIA F. SANTOMÉ
Facebook: Cristina Soutullo Domínguez e Paca Ferradás.
Instagram: @helguisante e @javierlopezpombo.
📚 COMERÁS FLORES, DE LUCÍA SOLLA SOBRAL
Facebook: Juan Carlos Fernández Fernández e RaKel Ovella Neghra.
Instagram: @carlavarelagz e @ese.d.c.
📚 PACTO DE SILENCIO, DE ANA VIÉITEZ
Facebook: Maria Luisa R. Louzao e Raquel M Suarez.
Instagram: @ania.obi e @bea_adivasi.
Para recibir o voso libro, só tedes que enviarnos unha mensaxe privada a través da rede social na que participastes, facilitándonos o voso nome e apelidos, enderezo postal completo (incluído o código postal) e teléfono de contacto. Con esta información poderemos organizar o envío dos exemplares para que cheguen canto antes ás vosas casas. E se desta volta non tiveches sorte, non te preocupes! En Deleite seguiremos apostando pola nosa literatura e organizando novas iniciativas para compartir o pracer da lectura.
Parabéns a todas as persoas gañadoras e moitas grazas por formar parte desta comunidade #XenteDeleite! 💙