Xa temos gañadoras do sorteo literario de verán
Este agosto puxemos en marcha un novo sorteo de deleituras para acompañar os vosos días de praia e descanso cun bo libro en galego entre as mans. Sorteamos dezaoito exemplares de tres títulos que nos levan por camiños ben distintos pero igual de fascinantes: dende o misterio máis trepidante ata o realismo máxico, pasando por historias familiares de silencios e identidades ocultas.
Por unha banda, Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo (Xerais), mergúllanos nun relato de violencia ancestral e segredos que levan anos calados. Xunto a el, O albatros negro, de María Oruña (Edicións do Cumio), propón unha trama de suspense ambientada en Vigo, chea de tensión, investigación e xiros inesperados. E por último, As obras póstumas, de Diego Giráldez (Xerais), ofrécenos unha historia chea de sensibilidade e frescura, entre a realidade e o soño, co selo inconfundible do autor.
A participación foi, coma sempre, espectacular. Grazas por estar aí, por comentar, por compartir e por facer medrar esta comunidade que le con gusto e con orgullo. Sodes xeniais, #XenteDeleite 💙
E agora si… imos co máis agardado: os nomes das persoas gañadoras deste sorteo literario.
📕 ONDE NACEN AS BESTAS, DE PEDRO FEIJOO
🔹 Facebook: Ana Fernández Piñeiro e José Eusebio Rey Díaz
🔹 X: @Lauraaa_00 e @parrouro
🔹 Instagram: @celilaza e @xaviiglesias
📘 O ALBATROS NEGRO, DE MARÍA ORUÑA
🔹 Facebook: Laura Seoane Couto e Manuel Casal Garrido
🔹 X: @gontxo2012 e @rosalia_seijas
🔹 Instagram: @_adri_rg e @taniamendezdos
📗 AS OBRAS PÓSTUMAS, DE DIEGO GIRÁLDEZ
🔹 Facebook: Silvia Barreiro Mariño e Susana Fontán Gómez
🔹 X: @anaoteroson e @SuOtero
🔹 Instagram: @isabel.bravocores e @rosa.go.dante
📩 Se estás na lista, escríbenos por mensaxe privada na rede social onde participaches, indicando nome con apelidos, enderezo completo (con código postal) e un número de teléfono de contacto. Así organizamos o envío para que che chegue canto antes!
Se esta vez non tocou… non pasa nada! Moi pronto voltamos cun novo sorteo, e quen sabe… Igual cae outro libro para a túa mochila! 💙📖