Novas

Xa se coñecen os gañadores do sorteo do Día do Libro

Gañadores Día do Libro 

Puxemos en marcha nas nosas redes sociais un sorteo de vinte libros e a participación da #XenteDeleite superou todas as expectativas, algo que nos deixa moi contentos e que nos anima a seguir organizando xogos deste estilo.

Sorteamos catro obras diferentes e as persoas gañadoras son:

🔸 A parte fácil de Ismael Ramos:

María Teresa Fidalgo Fernández (Facebook), Gustavo Peaguda (Facebook), @paulallenron (Instagram), @crisvarelanu (Instagram) e @xosexeito (Twitter).

🔹 Escola de mulleres de Inma López Silva:

Sandra Poceiro Casás (Facebook), Tania Fuentes Vieites (Facebook), @raaquelct95 (Instagram), @eva_beta (Instagram) e @C2Rgam (Twitter).

🔸 O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales:

Angel José Marful Castañal (Facebook), Marga Méndez Varela (Facebook), @mateo_carabelos (Instagram), @XandraAlcalde (Twitter) e @Eva_Lama (Twitter).

🔹 Viva a Comuna! de Carlos Meixide:

Alba Riola Bustabad (Facebook), Cristina Corbillón Gómez (Facebook), @aldaramuinhos (Instagram), @SergioLR11 (Twitter) e @lcoutov (Twitter).

Os gañadores deben poñerse en contacto con nós por mensaxe privada nas redes sociais para proporcionar os datos de envío (nome completo, enderezo completo e número de teléfono) e así recibir o seu premio.

Ademais, varias mensaxes de usuarios alertáronnos sobre perfís falsos que se fan pasar por Deleite. Estes perfís nada teñen que ver con Deleite e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles facilite ningún dato e subliñamos que só as persoas mencionadas na listaxe son as afortunadas.

Seguide atentos ás redes sociais de Deleite porque moi pronto haberá máis sorteos e premios!

O pasado 23 de abril quixemos festexar o Día do Libro do mellor xeito que se nos ocurreu: regalando as últimas novidades da literatura galega.