Volve o Castelo Conta, o gran encontro cultural do verán galego
Deleite Galego renova o seu compromiso co Festival Castelo Conta, unha iniciativa que converte cada verán a parroquia de Castelo, en Culleredo, nun espazo de encontro arredor da cultura, da música, da tradición e da convivencia.%2c%20A%20Coru%C3%B1a%2c%20%C3%81rea%20Metropolitana%20da%20Coru%C3%B1a%2c%20Deleite%20Galego%2c%20Cultura%20galega%2c%20Festival%20cultural%2c%20Festival%20de%20ver%C3%A1n%2c%20M%C3%BAsica%20en%20Galicia%2c%20Co.png?width=650&height=421&name=Castelo%20Conta%2c%20Castelo%20Conta%202026%2c%20Festival%20Castelo%20Conta%2c%20Culleredo%2c%20Castelo%20(Culleredo)%2c%20A%20Coru%C3%B1a%2c%20%C3%81rea%20Metropolitana%20da%20Coru%C3%B1a%2c%20Deleite%20Galego%2c%20Cultura%20galega%2c%20Festival%20cultural%2c%20Festival%20de%20ver%C3%A1n%2c%20M%C3%BAsica%20en%20Galicia%2c%20Co.png)
Do 24 ao 30 de agosto, a undécima edición do festival reunirá máis de 60 artistas e medio cento de actividades para todos os públicos baixo o lema "Outra volta á festa", consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas do rural galego. A programación inclúe concertos, espectáculos de artes escénicas, tradición oral, gastronomía, actividades familiares, propostas infantís e encontros interxeracionais, mantendo o espírito co que naceu o proxecto impulsado por Xosé A. Touriñán.
En Deleite Galego compartimos esa maneira de entender a cultura: próxima, aberta, participativa e profundamente ligada ao territorio. Por iso, un ano máis queremos formar parte dun festival que demostra que as aldeas tamén poden ser grandes escenarios para a creación, a convivencia e a identidade galega.
Castelo Conta vai moito máis alá dun festival. É un proxecto colectivo construído coa implicación da veciñanza, que pon en valor o patrimono, a memoria, a lingua e a vida no rural, converténdose nun exemplo de como a cultura pode dinamizar o territorio e crear comunidade.
Ao longo de toda a semana, miles de persoas volverán achegarse a Castelo para desfrutar dunha programación pensada para todas as idades, na que teñen cabida tanto os grandes concertos como os espazos para a tradición oral, a gastronomía ou as actividades dirixidas á cativada, que cada ano esgotan as súas prazas.
En Deleite cremos que apoiar iniciativas coma esta é apostar por un país vivo, orgulloso da súa cultura e das súas raíces. Porque cando a música, a tradición e as persoas se xuntan arredor dunha mesma mesa, nacen proxectos capaces de deixar pegada moito máis alá dunha semana de festa.
Agardámosvos en Castelo para volver celebrar, xuntos, todo o que nos une.
Foto: Aigi Boga
