Novas

Vilaxoán prepárase para catro días de festa co Revenidas 2026

Written by Deleite Galego | Sep 1, 2026, 6:26:33 AM

Do 10 ao 13 de setembro, Vilaxoán de Arousa volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro da música e da cultura en Galicia coa celebración do Revenidas 2026, que este ano chega á súa 23ª edición.

O festival arranca o xoves 10 con nomes como Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila ou El Pony Pisador. O venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, La Sra. Tomasa ou Ilan Amores.

O sábado 12 chegará unha das xornadas máis potentes, con La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas de Cassandra, The Rapants, Rebeliom do Inframundo ou Kumbia Queers, entre outros. E o domingo 13 pecharán a edición Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.

Pero o Revenidas é moito máis ca concertos. Durante os catro días haberá actividades ligadas á cultura mariñeira e á vila, como a tradicional sardiñada popular, a Gala de Circo Solidaria, roteiros por Vilaxoán e concertos a bordo do Chasula.

Ademais, nesta edición a ciencia tamén terá protagonismo co escenario Ondas e Partículas, dentro do CERN Festival Programme, con charlas e actividades de divulgación científica.

Unha fin de semana para gozar da música, da cultura e do ambiente único dun festival que leva máis de dúas décadas facendo de Vilaxoán unha gran festa.

E desde Deleite Galego queremos que tamén o vivades de preto: no noso Instagram sorteamos dous abonos dobres para o Revenidas 2026.

🥁 As gañadoras son @dreiaallegue e @maroca_gz. Agardamos a que nos escriban por mensaxe privada para poder facerlles chegar os seus abonos. Parabéns e a gozar do Revenidas!