Novas

Vilaxoán prepárase para catro días de festa co Revenidas 2026

Do 10 ao 13 de setembro, Vilaxoán de Arousa volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro da música e da cultura en Galicia coa celebración do Revenidas 2026, que este ano chega á súa 23ª edición.

Revenidas 2026, Festival Revenidas, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, festivais Galicia, música galega, cultura galega, concertos Galicia, Deleite Galego, festivais de verán, Arousa, Revenidas Vilaxoán, música en d

O festival arranca o xoves 10 con nomes como Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila ou El Pony Pisador. O venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, La Sra. Tomasa ou Ilan Amores.

O sábado 12 chegará unha das xornadas máis potentes, con La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas de Cassandra, The Rapants, Rebeliom do Inframundo ou Kumbia Queers, entre outros. E o domingo 13 pecharán a edición Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.

Pero o Revenidas é moito máis ca concertos. Durante os catro días haberá actividades ligadas á cultura mariñeira e á vila, como a tradicional sardiñada popular, a Gala de Circo Solidaria, roteiros por Vilaxoán e concertos a bordo do Chasula.

Ademais, nesta edición a ciencia tamén terá protagonismo co escenario Ondas e Partículas, dentro do CERN Festival Programme, con charlas e actividades de divulgación científica.

Unha fin de semana para gozar da música, da cultura e do ambiente único dun festival que leva máis de dúas décadas facendo de Vilaxoán unha gran festa.

E desde Deleite Galego queremos que tamén o vivades de preto: no noso Instagram sorteamos dous abonos dobres para o Revenidas 2026.

🥁 As gañadoras son @dreiaallegue e @maroca_gz. Agardamos a que nos escriban por mensaxe privada para poder facerlles chegar os seus abonos. Parabéns e a gozar do Revenidas!

Revenidas, Revenidas 2026, festival en Vilaxoán, música en Galicia, concertos en Vilagarcía, cultura galega, festa en Vilaxoán, festival galego, música ao vivo, Arousa, plans en Galicia, festivais setembro 2026,