Novas

Viaxa ao EmigraSON de Bruxelas con Deleite

Sorteo Viaxe EmigraSON Deleite Galego

Apetécenos que a #XenteDeleite poida gozar deste marabilloso festival e por iso poñemos en marcha un sorteo nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e X) para levar a dúas persoas a vivir a experiencia en directo con todo incluído.

Nesta segunda edición do festival, que terá lugar os días 8 e 9 de marzo, o cartel do EmigraSON compóñeno Grande Amore, The Rapants, Ataque Escampe, Lontreira e Catuxa Salom.

A persoa afortunada obterá como premio unha entrada dobre para o festival, unha entrada dobre para os eventos que o festival organiza na cidade o día anterior, unha viaxe dobre a Bruxelas en avión, o aloxamento no hotel así como os traslados dende o aeroporto. O sorteo iníciase hoxe e finalizará o día 11 de febreiro, cando se publicará o/a gañador/a nesta mesma páxina web. Para participar chega con seguir as normas publicadas nas nosas contas oficiais en cada rede social.

O EmigraSON é un festival novo, pero moi especial. Detrás del están rapaces e rapazas que por traballo marcharon de Galicia, pero que grazas á súa paixón pola música galega se uniron para levar a cabo un evento único. Buscan achegar Galicia aos seus veciños no corazón de Europa así como xerar un espazo de reunión de todos os galegos que por alá andan. Trátase dunha iniciativa autoxestionada e sen ánimo de lucro que ben merece todo o noso apoio.

Cartel Festival Emigrason 2024

Podes consultar toda a información e as bases legais aquí (e o anexo aquí).

En Deleite toleamos. Esta semana anunciamos que, nunha nova aposta pola cultura galega, nos convertemos en colaboradores do EmigraSON, o festival galego no estranxeiro que se celebra en Bruxelas… Pero é que agora queremos chegar máis lonxe!