Novas

Valentina, Premio Deleite á promoción da lingua

Valentina Premio Deleite

O pasado 25 de febreiro celebrouse en Allariz o encontro dos finalistas no que se anunciou o gañador deste ano do Premio Deleite á promoción da lingua. Nesta ocasión, o galardón que na pasada edición foi para o programa DígochoEu da CRTVG, recae no filme Valentina. Os motivos radican na súa labor de aumentar o emprego do galego a través dunha mensaxe moi necesaria para a nosa sociedade.

A longametraxe de animación de Chelo Loureiro narra a historia de Valentina. Unha rapaza que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca o conseguirá por ter Síndrome de Down. Para acadar o seu obxectivo terá que ter presente a mensaxe que lle dá a súa avoa que se vertebra en que nunca debemos perder a ilusión e as gañas de aprender.

O filme da directora ferrolá, que vén de acadar o Goya á mellor película de animación e a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos, xa está está dispoñible na plataforma Filmin.

 

O vindeiro sábado 11 de marzo terá lugar en Ourense a vixésimo primeira edición dos premios Mestre Mateo. O audiovisual galego vestirase de gala para a súa gran noite que, un ano máis, contará co apoio de Deleite.