Usos cosméticos do leite:
- 
Calma as queimaduras do sol
Cando queimas a pel por mor do sol (algo evitable se te protexes ben con protección axeitada) podes calmar a dor e os efectos da queimadura aplicando leite fresco cun pano limpo na queimadura.
- 
Mascariña facial
Masaxea suavemente a cara con leite enteiro ou con leite en pó disolto en auga, déixao repousar durante 10 minutos e, de seguido, verás que as propiedades hidratantes do leite fan o seu traballo e o teu rostro queda brillante e ben hidratado.
- 
Suaviza o picor das mordidas de mosquitos e outros insectos
As propiedades antiinflamatorias do leite son moi efectivas para calmar a picazón das bochas que se levantan cando mosquitos, arácnidos ou avispas nos pican. Probádeo na casa e xa nos diredes se vos calma ou non.

Outros usos do leite:
- 
Desconxelar peixe
Se desconxelas o peixe en leite, o seu humectante natural fará que o desconxelado non adquira un sabor metálico e o peixe conserve todo o seu sabor natural. Ademáis, perderá moita menos auga e a textura conservarase moito mellor que se o desconxelas “ao aire”.
- 
Quitamanchas natural
As prendas de roupa nas que teñas manchas de tinta, ponas a remollo durante unha noite enteira e, despois, bótaas á lavadora. O único que pode ocorrer é que precisen despois un segundo lavado por se colleron algo de cheiro lácteo, mais as manchas desaparecerán con moita máis facilidade.

 
        
       
        
       
        
       
        
      