Novas

Un ano máis apoiando o Festival de Cans

Deleite no Festival de Cans

Nestas datas, o municipio de O Porriño contará cun total de 25 actuacións musicais destacando as dos días 19 e 20 por concentrarse no Espazo de Leira do Río. Bandas da talla de Los Punsetes ou The Limboos e actores e actrices galardoadas como Nathalie Poza (protagonista de película Honeymoon que se proxectará no festival) ou Javier Gutiérrez estarán presentes nunha das grandes festas da cultura galega.

Unha das seccións que terá lugar e que chama atención á a chamadas “Novas Camadas”. Co ánimo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, dende hai dous anos o festival puxo en marcha esta sección destinada a promover autores e autoras que realicen a súa primeira obra e que teñan menos de 25 anos. Deleite non quixo perder a oportunidade de apoiar esta iniciativa que tan necesaria é para promover a creación cultural entre os sectores máis novos da nosa sociedade.

Longa vida ao cinema e a música galega, longa vida Festival de Cans!

 

 

Do 16 ao 20 deste mes de maio celébrase a XX Edición do Festival de Cans. Unha cita alternativa e divertida que conta coas mellores curtametraxes galegas e, neste ano, incluso do Reino Unido, Francia ou Israel. E un ano máis, conta co apoio de Deleite.