Novas

Todo preparado para a Romaría das Flores 2026

Written by Deleite Galego | May 12, 2026 8:30:00 AM

Santiago volverá florecer esta Ascensión coa celebración dunha nova edición da Romaría das Flores, un dos eventos culturais máis singulares e emerxentes da cidade, do que Deleite Galego será patrocinador principal.



Durante os días 16 e 17 de maio, o Parque de Belvís (Compostela) converterase nun gran punto de encontro para a música e a cultura galega contemporánea, nun festival que medra este ano ampliando a súa programación a dúas xornadas completas.

A Romaría das Flores aposta por unha fórmula que mestura tradición e modernidade, espírito popular e creación contemporánea, cun cartel no que destacan artistas e bandas como Familia Caamagno, Saibran, Lisasinson, Los Punsetes ou Los Mejillones Tigre, ademais de sesións vermú, propostas familiares e unha feira cultural ao aire libre.

Para Deleite Galego, apoiar esta cita é unha maneira de seguir impulsando iniciativas que poñen en valor a cultura galega actual, o talento creativo do país e os espazos de convivencia arredor da música, da identidade e das experiencias compartidas.


A colaboración da marca coa Romaría das Flores encaixa coa filosofía de Deleite: apoiar proxectos auténticos, próximos e comprometidos coa cultura e coa sociedade galega.

Porque hai eventos que non só se viven.
Tamén se comparten.

Vémonos en Belvís. 🌼

Foto: Aigi Boga