Un ano máis, Deleite estará presente no Festival Revenidas, que do 11 ao 14 de setembro encherá Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) de música, festa e cultura galega. Nesta vixésimo primeira edición, nomes como The Rapants, Sés, Baiuca ou Heredeiros da Crus compartirán escenario con máis de trinta bandas e artistas, ademais de sesións DJ, actividades paralelas e os xa emblemáticos Concertos a Bordo.
Como non podía ser doutro xeito, quixemos que a nosa comunidade tamén formase parte desta celebración, e por iso puxemos en marcha un sorteo nas redes sociais para regalar dous abonos dobres entre as nosas seguidoras e seguidores.
A participación foi, como sempre, marabillosa, e a sorte sorriu a estes dous usuarios de Instagram:
🔸 @chocomaister
🔸 @taibecha
📩 As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco mediante mensaxe privada nas redes sociais indicando nome completo, DNI, número de teléfono, mail, data de nacemento e código postal, tanto da gañadora como da acompañante, para podermos xestionar os abonos.
Moitas grazas a toda a #XenteDeleite por participar. Estade atentas e atentos, que pronto haberá máis sorteos con sabor a cultura galega 💙