Novas

Temos gañadores do sorteo literario de outono

O outono chega con boas novas e novas deleituras. Xa temos as persoas afortunadas que levarán un exemplar de O espírito das maceiras, a fermosa obra de Silvia Tasende que celebramos esta tempada chea de mazás, cores e historias que arrecenden a Galicia. Unha novela coral na que morriña, a aldea familiar e máxica, son protagonistas xunto cunha serie de personaxes entrañables.

O ESPÍRITO DAS MACEIRAS SILVIA TASENDE MEDULIA EDITORIAL
Estes días sorteamos seis exemplares nas nosas redes sociais. Os nomes das persoas gañadoras deste sorteo literario son:

🔹 En Facebook: Ricardo Prieto Traveso e Verónica Sánchez Campos
🔹 En X: @PauulaRamos e @vazdouraes
🔹 En Instagram: @angeleslopezpineiro e @eiroi_ana

Moitas grazas a todas e todos por participar e compartir connosco outro sorteo literario. En Deleite Galego seguimos apostando pola lectura, pola cultura e polos pequenos praceres da vida… Eses que, coma un vaso do mellor posible, saben mellor cando se gozan con tempo 🍂🥛

📩 Noraboa ás persoas gañadoras e grazas por ser parte da #XenteDeleite. As persoas afortunadas deberán escribirno unha mensaxe privada na rede social onde participaron, indicando nome e apelidos, enderezo completo (con código postal) e un número de teléfono de contacto. E nuns días chegará o libro a casa. E ollo, moi pronto voltamos con novos sorteos!