Novas

O sorteo da novela «A culpa» xa ten gañadores

1 (3)

Na pasada semana activamos o sorteo deste último traballo da escritora compostelana, e foron moitos os usuarios das nosas redes que se decidiron a participar, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando novas “deleituras” á #XenteDeleite en máis ocasións. 

Sorteamos seis exemplares desta novela nas principais redes sociais (dous en cada unha delas: Facebook, Twitter e Instagram) e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Judit Lomba Alfonso e Felipe Muñoz Jove.

En Twitter o premio vai para @SabelaGauranga e @noe_av.

E en Instagram a fortuna sorriu a @ines1987bl e @edumalatesta.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

 

Permanece atentas ás nosas redes porque pronto presentaremos novos premios que agardamos que vos gusten tanto coma este!

A xornalista e escritora María Solar alzouse no pasado mes de agosto co premio Xerais de novela grazas á súa obra «A culpa». Neste libro, María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.