Novas

Filloas con Deleite para o Entroido

𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:

🔸250 ml de #Deleite.
🔹250 ml de auga.
🔸4 ovos.
🔹1 cullerada de canela en po (opcional).
🔸1 chisco de sal.
🔹1 cullerada de azucre.
🔸200 g de fariña (e se queda moi líquida, un pouco máis).
🔹Aceite de oliva.

 

𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:

▶️Batemos os ovos co azucre, a canela e o sal. A seguir, mesturámolos con #Deleite e coa auga e, pouco a pouco, imos incorporando a fariña batendo ben para que non fiquen bolborotos.

▶️Cando tivermos o amoado preparado, deixámolo repousar un anaco.

▶️Poñemos a filloeira ou unha tixola ao lume e frotamos a superficie cun pouco de aceite. Cando estiver quente, botamos unha capa delgada de masa e cando esteadourada, dámoslle a volta.

▶️Lembra que antes de poñelas todas xuntas nun montón, teñen que arrefriar... 𝐁𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐞𝐢𝐭𝐨.

Filloas 1

 

Filloas 2

 

 

 

𝐓𝐨𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨? 🎭😋
Axudámosvos na elaboración dos doces destas datas da man de Noemí García, creadora da conta de Instagram @media_laranxa, un proxecto onde mestura lingua galega e gastronomía. Hoxe é quenda de 𝐅𝐈𝐋𝐋𝐎𝐀𝐒. Vós como as facedes?

FILLOA DELEITE