Novas

Puro Deleite xa ten portada

Diseño sin título

Obra do ilustrador Javier Ramírez (@srreny) está inspirada no mítico “Sgt. Pepper’s lonely hearts club band” (1967) de The Beatles, que mostraba figuras de gran relevancia para a cultura do século XX recortadas a modo de collage para rodear ao grupo pop por excelencia.

 

Nela podemos atopar os rostros máis míticos da cultura galega. Nos vindeiros días poñeremos en marcha xogos para descubrir todas as faces que aparecen na ilustración!

 

Un disco do que xa coñecemos cinco cancións: a “Muinheira de Chantada” dos Verto, “Por última vez” de Ataque Escampe, “Xuntos” da Familia Caamagno, “O Tren” de Ale e “Miña Terra Galega” de Radio Océano coa colaboración de Julián Hernández, Antón Reixa e Antón Losada

 

Unha iniciativa que mesturará talentos emerxentes con artistas xa consolidados e que irá completándose de xeito mensual ata final de ano, cando se editará un disco completo con esta portada que homenaxea os nosos artistas máis emblemáticos.

PD_Xeral_v2

 

O recompilatorio “Puro Deleite”, o proxecto que reúne a bandas e artistas do panorama musical galego reformulando as músicas máis icónicas do país, xa ten portada.