Novas

Premios da Cultura Galega 2021

 

Este ano os galardóns foron para 

  • Bernardino Graña na modalidade de Letras

O escritor do morrazo, fillo do histórico Bernardino Graña Refojos, forma parte dende o ano 2010 da Real Academia Galega.

2021110219504711687

  • Antón Pulido na modalidade de Artes Plásticas

Natural de Amoeiro, converteuse no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea no ano 1993.

  • Natalia Lamas no campo Musical

Presidenta da Asociación de Amigos da Ópera de A Coruña, é unha pianista e concertista de fama internacional.

 

  • A compañía Nova Galega de Danza en Artes Escénicas
  • Zaza Ceballos no eido do Audiovisual

Cunha dilatadísima carreira como productora, escritora e directora cinematográfica, participou, entre outros moitos filmes, na creación da primeira longametraxe galega en 35 mm, “Sempre Xonxa”.

  • O Programa “Dígocho eu”, presentado por Esther Estévez, foi distinguido en Lingua

Este programa didáctico en chave de humor acadou grande repercusión en redes sociais coma Youtube ou Tik Tok.

  • En Patrimonio Cultural, premiouse o mosteiro de San Pedro de Rocas
  • Ubicado na localidade de Esgos, Ourense, é un conxunto único xa que ten partes excavadas na rocha natural.

14929902983_77840db30a_b

  • Proxección Exterior foi para a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FSG)

Fundada en 1921, foi a voz de Galicia na emigración a través, por exemplo, do xornal El Despertar Gallego, dirixido por Antón Alonso Ríos. FSG ten o mérito de ter impulsado a creación da editorial Alborada, fundamental para a expresión da literatura galega durante a ditadura franquista.

Queremos sumarnos á felicitación dos premiados e premiadas e brindar por moitos anos de éxitos e proxección da nosa cultura.

A Xunta de Galicia convoca cada ano os Premios da Cultura Galega. Os galardóns outórganse a destacadas e destacados nas distintas manifestacións artísticas: as letras, o audiovisual, a lingua ou o patrimonio.