Novas

Paloma reinterpreta ‘Quen poidera namorala’ para Puro Deleite

1 (2)-1

Nesta ocasión a canción escollida foi “Quen poidera namorala”de Luis Emilio Batallán. O cantautor nado en Compostela musicou no ano 1975 o poema de Álvaro CunqueiroO niño novo do vento” (1933), converténdose nun clásico instantáneo que conta con versións de artistas da talla de Xoel López, Milladoiro ou Eladio y los Seres Queridos.

Nesta reinterpretación, Paloma mestura os sons máis clásicos coas tendencias actuais á perfección. Respectando de xeito fidedigno a melodía orixinal, e cunha música que xunta os sintetizadores con sons tradicionais, dalle a unha canción que é parte da memoria colectiva galega un aire fresco e totalmente innovador.  A produción do tema correu a cargo de Javi Aguilar (@javi4aguilar), Kora (@kora.st) e da propia intérprete.

Despois da Munheira de Chantada de Verto, Por última vez dos Ataque Escampe, Xuntos de Familia Caamagno, O Tren de Ale e Miña terra galega de Radio Océano, o Quen poidera namorala de Paloma convértese na achega  de outubro a Puro Deleite, o proxecto que culminará dentro duns mese coa edición dun disco físico.

 

A artista compostelá Paloma (@paloma.paloma.paloma.paloma, en Instagram) convértese na nova integrante do proxecto Puro Deleite, a iniciativa de Deleite na que grupos e artistas galegos reinterpretan temas clásicos da nosa música pop.