abril 11, 2025

Con esta obra, Portabales dá comezo á serie Os crimes de Loeiro, protagonizada pola inspectora Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araújo. Todo comeza coa chamada dun millonario que cre que a súa muller foi asasinada e que o culpable podería estar entre os seus propios familiares. Mentiras, segredos e unha nova morte enredan este caso de intriga que se desenvolve na misteriosa Casa Rosa.
A resposta foi excelente, con moitas persoas participando e compartindo a publicación para recibir o libro na casa. Grazas, unha vez máis, a toda a #XenteDeleite por seguirnos e por formar parte desta comunidade que medra cada día ao redor do leite, a lingua, a cultura e da literatura.
Estes son os nomes das persoas afortunadas nesta volta:
🔹 En Facebook, os exemplares van para Fátima Costoya Pérez e Marta Diéguez Lorenzo.
🔹 En X (antes Twitter), os libros serán para @DariRCD e @Rocio_E_F.
🔹 E en Instagram, as gañadoras son @carmenmillares e @enredadeirasemel.
🔹 En X (antes Twitter), os libros serán para @DariRCD e @Rocio_E_F.
🔹 E en Instagram, as gañadoras son @carmenmillares e @enredadeirasemel.
As persoas premiadas deberán poñerse en contacto con nós mediante mensaxe privada na rede social onde participaron, para nos facilitaren os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e así recibiren o seu premio canto antes.
Agardamos que desfrutedes da lectura desta historia de intriga chea de suspense e ambientación galega. E se non vos tocou desta vez, non vos preocupedes: haberá máis sorteos e máis deleituras nas vindeiras semanas!