Novas

Os 50 exemplares de 'Versos (a)varidados' xa ten destinatarios

Written by Deleite Galego | May 14, 2025 8:33:04 AM

O pasado 1 de maio celebramos o Día do Libro cun agasallo moi especial. Activamos nas nosas redes sociais un sorteo de 50 exemplares da obra Versos (a)varidados, escrita por Pablo Nogueira, ilustrada por Luis Rivera e publicada por Edicións Embora.


Este fermoso libro de poesía infantil recibiu o Premio Arume de Poesía para a Infancia, galardón que patrocinamos dende Deleite Galego en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas. Porque en Deleite cremos que a literatura tamén se mama dende a cuna, e que a poesía é unha excelente porta de entrada á lingua, á imaxinación e á sensibilidade.

Queremos agradecer ás persoas participantes o seu entusiasmo e compartir os nomes das 50 persoas afortunadas no sorteo.

En Facebook: Alexandre Sotelino Losada, Ángeles Fernández Maneiro, Antonio Fernández Salgado, Emma Varela Suárez, Fina Garcia Castro, Inma Rodriguez Blanco, Laura Varela Suarez, Mari Carmen Caamano Sanles, Maria José Garcia Otero, Maria Jose Gomez Dantas, Mela Penas Blanco, Naty Leira, Sandra Alonso Pérez, Sara Ordoñez Sampedro, Tamara Méndez Blanco, Veronica Sanchez Campos e Xiko Paradelo.

En Instagram: @alberto.fojo, @angela_salgueiro, @blanqui_frances, @cabuxaa, @cruz_amarelle, @dianass75, @dourado_bt, @eliotebel, @glezot, @irenerega, @lorena_mrey, @mariabr82, @pitusina_lecturas66, @senda_agra, @vane.ares, @verocorgos, @xulia_hi e @yolandaiglesiassuarez.

En X (Twitter): @AFBPatos, @CarroLucia, @iriasuarez_08, @JacoboV9, @Marpoluc, @martinviano, @MiguelGLemos, @MiroVillar, @nasas09, @reinfeld183, @rosaleiros, @sevilo60, @TamaraMB84, @XandraAlcalde, @xoseapena e @ZdeCelis.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo completo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

Permanecede atentas ás nosas redes sociais, porque pronto traeremos máis premios que agardemos que vos gusten tanto coma este!