Novas

O sorteo dos abonos para o Revenidas xa ten gañadores

Foron moitas as participacións que rexistramos durante estes días e hoxe temos o pracer de anunciar o nome das persoas gañadoras:

En Facebook a sorte sorriu a Ivan Lopez Cabanas.

En Twitter o abono dobre vai para @estouestresara.

E en Instagram o premio é para @zori97.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, DNI, e-mail e número de teléfono, tanto o seu como o da persoa que o acompañará) para recibiren o seu premio.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron e… Estade pendentes porque pronto traeremos novos sorteos que agardemos que sexan do voso agrado!

A semana pasada activamos nas redes sociais de Deleite o sorteo de tres abonos dobres para o Festival Revenidas que se celebrará en Vilaxoán de Arousa do 7 ao 11 de setembro.

Revenidas