Novas

O sorteo de 'Violeta ás agachadas' xa ten gañadores

VIOLETA ÁS AGACHADAS. Ramón D. Veiga Abi Castillo

A #XenteDeleite volveu responder e contabilizamos milleiros de participacións. Por este motivo queremos expresar a nosa gratitude a todos os seguidores que nunca faltan ás actividades e xogos que organizamos nas nosas plataformas.

O sorteo, en marcha en Facebook, Instagram e Twitter, finalizou hoxe día 28 e as persoas afortunadas dos 10 exemplares son :

En Facebook, os premios van para María Rouco Casal, Lucía César Veloso, Iria Zaera Suarez e Manuel Figueira Perez.

En Instagram, o azar acompañou a @monikafraguas, @iriasoti e @begoagra.

E en Twitter, os libros van para @xavierdoxaton, @BalG_ e @enriquez_fra.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós a través de mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e, deste xeito, poderán recibir o seu libro.

E ollo, unha vez máis... Recibimos varias advertencias de usuarios sobre a existencia de perfís falsos que se fan pasar por Deleite Galego. Estes perfís non teñen ningunha relación con nós e xa foron denunciados. Rogamos que non lles proporcionen información e subliñamos que as únicas persoas afortunadas son as mencionadas anteriormente.

Por último, queremos comunicar que estamos a preparar novos sorteos para o Nadal nas nosas contas... Polo tanto, permanecede ben atentos! 💙😊

A semana pasada argallamos un dos nosos sorteos de #Deleituras nas redes sociais. A lectura escollida desta volta foi ‘Violeta ás agachadas’, editada por Xerais, do autor Ramón D. Veiga e que conta coas ilustración de Abi Castillo.