Novas

O sorteo de 'Hotel Carioca' xa ten gañadores

Hotel Carioca Deleite Galego

Hai uns días activamos o sorteo deste último traballo de Antón Riveiro, e foron moitos os usuarios das nosas redes que se decidiron a participar, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando novas “deleituras” á #XenteDeleite en máis ocasións.

Sorteamos seis exemplares desta novela nas principais redes sociais e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Amparo Fernandez Reguera e Conchi Bravo Cores.

En Twitter a fortuna sorriu a @Miss_Traine e @RPerezPablo.

E en Instagram o premio vai para @pipinho83 e @monicareypinon.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

Continuade atentas ás nosas redes porque pronto presentaremos novos premios que agardamos que vos gusten tanto coma este!

 

Hotel Carioca é unha novela múltiple editada por Galaxia que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.