Novas

O 'Revenidas Miúdo' chega para facer bailar á rapazada

revenidas-miudo-redes

A propia organización define o evento como un “all star da música infantil e as artes escénicas galegas”. As actuacións arrancarán ás 12h e o festival contará con artistas e bandas da talla de Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras, Cé Orquesta Pantasma e Mago Paco.

O festival nace co espírito dunha romaría diúrna, terá o seu espazo no complexo e albergue Monto do Gozo, que conta con instalacións hosteleiras e zonas de restauración, así como piscinas públicas. 

Deleite non quixo perder a oportunidade de participar nunha iniciativa tan interesante e divertida para os máis pequenos da casa que poderán gozar dun día diferente en contacto directo coa cultura.

Consulta os horarios na seguinte imaxe e non perdas a oportunidade de achegarte... Contamos contigo! 😊

revenidas-miudo-redes-HORARIOS

O vindeiro domingo 16 de xullo terá lugar no Monte do Gozo en Santiago de Compostela o primeiro Revenidas Miúdo. Un festival de día pensado para os máis cativos no que haberá música infantil, talleres, xogos populares e unha chea de sorpresas... Completamente de balde!