Novas

‘O libro da rosa’ xa ten gañadores

O libro da rosa. Galaxia

O pasado 17 de xuño, dende as contas oficiais de Deleite, puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares desta magnífica obra editada por Galaxia. Foron moitas as participación que rexistramos, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando novas “deleituras” á #XenteDeleite en vindeiras ocasións. 

A continuación, o nome das persoas afortunadas:

🔹En Facebook as gañadoras son Conchi Áspera e Lucía César Veloso.
🔹En Twitter a fortuna sorriu a @NicoAndaluz e @Ccanhedo.
🔹E en Instagram os libros van para @crisferfermeira e @alexabilleira.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

Permanece atentas ás nosas redes porque pronto presentaremos novos premios que agardamos que vos gusten tanto coma este!

As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas. Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Con esa premisa, dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribiron un relato tomando a rosa como elemento inspirador.