Novas

O filme ‘O Corno’ acada números históricos para o cinema galego

A directora, que reside na capital galega, naceu e medrou en San Sebastián e recoñece que os seus primeiros recordos relacionados co mundo do cine son na antiga sala Astoria e nas sesións do festival do cine no que acaba de consagrarse ao converterse na primeira española en acadar este premio. Nos últimos anos estase a consolidar como unha das cineastas máis destacadas dentro do renovado panorama do cine galego.

A película protagonizada por Janet Novás ambiéntase na Illa de Arousa no ano 1971.Narra a vida de María. Unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Despois dun suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas contrabandistas entre Galicia e Portugal.

Deleite O Corno 2
O corno’ aparece como un filme directo e rotundo e, ao mesmo tempo, cun certo aire de conto idealizado. Fala da maternidade e da solidaridade feminina cunha fábula que, como aspecto fundamental, narra unha unha historia de sororidade.

Deleite non quixo perder a oportunidade de apoiar unha vez máis á nosa cultura patrocinando a súa pre-estrea no Festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela.

O filme xa se pode ver en 24 salas de cine de toda Galicia. Non perdades a oportunidade!



 

O drama ‘O corno’, rodado en galego pola donostiarra Jaione Camborda, xa é historia do noso cinema ao acadar o galardón á mellor película na 71ª edición do prestixioso Festival de San Sebastián. E logo de ser estreado nos cines a pasada semana, o filme acumula máis de 20.000 espectadores, o que supón o mellor arranque comercial dun filme en galego na historia.

Deleite O Corno 1