
O Festival de Cans, que celebrará a a súa vixésimo segunda edición do 20 ao 24 do vindeiro mes de maio, foi seleccionado como unha das grandes insignias culturais de Galicia. Así o considera o informe anual da Fundación Contemporánea, entidade privada de referencia na análise da cultura en España, que se presentou en Málaga.
Este informe, realizado nesta edición coa participación de máis de catrocentos expertos culturais, que representan entidades de toda España, sitúa o Festival de Cans entre as quince principais insignias culturais de Galicia en 2024, cuxos primeiros postos ocupan a Cidade da Cultura de Galicia, o Festival Sinsal ou o Centro Galego de Arte Cotemporánea (CGAC).
En Deleite, como patrocinadores dende hai moitos anos, orgullecémonos e queremos mandar os parabéns á organización por erguer no noso rural un festival único no mundo.
Foto: Cris Andina