Novas

O Castelo Conta está a chegar

Nova edición do Castelo Conta-1


Pero os maiores tamén terán o seu espazo durante todos os días que dura o festival. O espectáculo de comedia 'Corentena' de Xosé A. Toruiñán e David Perdomo ou os concertos de artistas da talla de Xabier Díaz, Susana Seivane, Belém Tajes, Familia Caamagno, Lamatumbá, Combo Viramundo ou Muchachito serán algúns dos pratos fortes. Unha festa que todos os días culminará coa selección musical de DJ Russ e o sábado de DJ Mínimo.

Entre todas as iniciativas destacan dúas estreas. O mércores 23 de agosto todos os asistentes poderán ver en primicia 'Nena', a curtametraxe que supón o debut como director e guionista de Xosé Antonio Touriñán. Ademais, na proxección estará presente todo o reparto entre o que atopamos a Carlos Blanco, David Perdomo ou Antía Touriñán. E por outra banda, o venres os espectadores terán a oportunidade de ver un avance de 'Bechos', a nova serie de animación da Televisión de Galicia.

Deleite Galego e Xosé Antonio Tourián
O sábado é o denominado pola propia organización como “o día grande”. Dará comezo co xantar e coa andaina típica (coa presenza dos gaiteiros, da charanga e do músico Abraham Cupeiro). Coa noite chegará un dos momentos máis especiais da semana. Os xa famosos monólogos do Castelo Conta. Este ano coas actuación de Pepo Suevos, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, David Perdomo, Noemí Rodríguez, Rober Bodegas ou o propio Touriñán. O día rematará coa actuación do grupo musical Salamandra.

Cartel Castelo Conta
O domingo o Castelo Conta pechará unha edición máis coa alborada, as misas e unha sesión vermú con xantar a cargo do cuarteto de música latina Son Boleros e de DJ Russ. Deleite non quixo perder a oportunidade de apoiar un ano máis a esta iniciativa adicada a maiores e a cativos na que a maior das pretensións é pasalo ben nun contexto no que a nosa cultura é a gran protagonista. Longa vida ao Castelo Conta!

A semana do 21 ao 27 de agosto terá lugar en Culleredo unha nova edición do Castelo Conta, a festa pensada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, na súa casa, cos seus veciños e veciñas de Castelo.
Xosé Antonio Touriñán presenta Castelo Conta
Dende hai tempo o Castelo Conta é o festival de comedia, cultura rural e tradición oral referente en Galicia. Prográmanse artes escénicas e os mellores monólogos do país nas seis aldeas da parroquia que se enchen durante toda a semana de actividades para os maiores e para os máis cativos. A organización ten moi claros os valores do evento que van dende a tradición oral ata a solidaridade, pasando pola cultura rural, a comedia, o coidado do monte ou a defensa da lingua. Isto todo vese en que o evento é unha iniciativa sen ánimo de lucro que promove a Asociación Culrural Castelo Conta e que pretende ser sostible no tempo evitando depender de grandes recursos económicos.

O festival dará comezo coa programación pensada para os máis pequenos que terá lugar de mañá de luns a venres. Nela podemos atopar teatro infantil, contacontos, concertos, os obradoiros de Noemí Rodríguez ou Xente Miúda (o espazo reservado para a cativada que contará cunha gran variedades de actividades).