En Deleite apostamos por iniciativas que unen ás persoas arredor da cultura, da música e das experiencias compartidas. Por iso, este 2026 temos a satisfacción de formar parte novamente do Festival Abride a Fiestra que terá lugar na Casa de Rosalía en Padrón o vindeiro domingo 12 de xullo.
A edición deste ano reunirá un cartel de primeiro nivel, coa participación de artistas como De Vacas, Federico Pérez, Manuel Rivas e o Coro da Rá entre moitas outras propostas culturais que se desenvolverán ao longo de toda a xornada. Ademais, Abride a Fiestra reserva un espazo moi especial para o público familiar, cunha programación infantil que inclúe o concerto de Cê Orquestra Pantasma, unha visita guiada con Rita Bugallo, o contacontos "Xela, a Superheroína da Aldea" e xogos tradicionais durante todo o día. A entrada será de balde.
Para Deleite, apoiar ó Abride a Fiestra é apostar por un evento que promove a cultura, impulsa o talento e dinamiza o territorio, xerando espazos de encontro nos que compartir momentos inesquecibles. A nosa presenza nesta edición reforza o compromiso da marca coa sociedade galega e coas iniciativas que contribúen a facer medrar o tecido cultural, apoiando proxectos que nacen desde a proximidade e que cada ano conseguen reunir a centos de persoas.
Agardamos vivir xunto ao público unha nova edición chea de emoción e de momentos para lembrar. Vémonos no Festival Abride a Fiestra 2026!