Novas

O Abride a Fiestra 2026 encherá a Casa de Rosalía de cultura e música

Abride a Fiestra Festival Cultura Música Galicia Deleite Galego Concerto Escenario Público Artistas Verán Tradición Comunidade Evento Espectáculo Patrocinio Cultura galega Música galega Festival galego Padrón
En Deleite apostamos por iniciativas que unen ás persoas arredor da cultura, da música e das experiencias compartidas. Por iso, este 2026 temos a satisfacción de formar parte novamente do Festival Abride a Fiestra que terá lugar na Casa de Rosalía en Padrón o vindeiro domingo 12 de xullo.

 A edición deste ano reunirá un cartel de primeiro nivel, coa participación de artistas como De Vacas, Federico Pérez, Manuel Rivas e o Coro da Rá entre moitas outras propostas culturais que se desenvolverán ao longo de toda a xornada. Ademais, Abride a Fiestra reserva un espazo moi especial para o público familiar, cunha programación infantil que inclúe o concerto de Orquestra Pantasma, unha visita guiada con Rita Bugallo, o contacontos "Xela, a Superheroína da Aldea" e xogos tradicionais durante todo o día. A entrada será de balde.

Abride a Fiestra Festival Cultura Música Galicia Deleite Galego Espectáculo Patrocinio Cultura galega Música galega Festival galego Outes CE ORQUESTRA RITA BUGALLO
Para Deleite, apoiar ó Abride a Fiestra é apostar por un evento que promove a cultura, impulsa o talento e dinamiza o territorio, xerando espazos de encontro nos que compartir momentos inesquecibles. A nosa presenza nesta edición reforza o compromiso da marca coa sociedade galega e coas iniciativas que contribúen a facer medrar o tecido cultural, apoiando proxectos que nacen desde a proximidade e que cada ano conseguen reunir a centos de persoas.

Agardamos vivir xunto ao público unha nova edición chea de emoción e de momentos para lembrar. Vémonos no Festival Abride a Fiestra 2026!

Abride a Fiestra Festival Cultura Música Galicia Deleite Galego Concerto Escenario Público Artistas Verán Tradición  DE VACAS FEDERICO FEDERE PEREZ CE ORQUESTRA PANTASMA MANUEL RIVAS