Novas

Mondra canta o Nadal con Deleite

Written by Deleite Galego | Dec 24, 2025 4:36:29 PM

A nosa tradición de panxoliñas de Nadal segue medrando ano tras ano, sumando voces e sensibilidades que fan do Nadal de Deleite algo recoñecible e propio. Tras as panxoliñas asinadas por Sés, Caamaño&Ameixeiras, Xabier Díaz e De Vacas, este ano chega unha nova canción cunha voz moi especial.


A panxoliña de Nadal 2025 chega da man do artista teense Mondra, que lle dá unha volta íntima, cálida e case hipnótica ao imaxinario do Nadal. Unha letra que fala de coidar, de quentar, de agardar… E de beber leite na noite máis longa do ano!

O videoclip foi gravado na Sala Capitol (grazas polo agarimo 💙) e o volve estar dirixido e filmado por Pablo Fontenla.

Agardamos que vos quenza, que vos acompañe… e que vos Deleite 🥛✨