Novas

Estes son os gañadores dos exemplares da novela ‘O cervo e a sombra’

SORTEO WEB

Como xa é habitual, foron moitas as participacións que rexistramos, motivo polo cal estamos moi contentos e que nos anima a continuar agasallando “deleituras” á #XenteDeleite. Grazas, de corazón, por acoller sempre tan ben as nosas iniciativas.

Sorteamos seis exemplares nas principais redes sociais (dous en cada unha delas: Facebook, Twitter e Instagram) e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Blanca Erea Gómez Seoane e Marta Duarte García.

En Twitter tiveron sorte @Marcel_Schaal e @maria_castanha.

E en Instagram os libros van para @anaiglesiasyanez e @ollododemo

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio. E continuade atentos ás nosas redes, porque seguiremos traendo novos sorteos que agardamos que vos gusten tanto coma este... Ou máis!

Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.

A pasada semana activamos nas nosas redes sociais un sorteo da novela ‘O cervo a sombra’, o último traballo do xornalista Diego Ameixeiras editado por Xerais.