Novas

Estes son os gañadores do sorteo do Día do Libro

Sorteo Cando Leo

En Deleite apostamos firmemente pola lectura en galego, e por iso tentamos organizar o maior número de sorteo de libros nas nosas redes sociais. O pasado sábado 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, puxemos en marcha un sorteo desta obra editada por Xerais.

Foron moitos os usuarios participantes, algo que nos deixa especialmente ledos e que nos anima a continuar agasallando “deleituras” á #XenteDeleite no futuro. Agradecemos, de xeito sincero, que as nosas iniciativas teñan sempre tan boa aceptación.

Sorteamos dez exemplares nas principais redes sociais (dous en cada unha delas: Facebook, Twitter e Instagram) e estas son as persoas afortunadas:

En Facebook as gañadoras son Raquel Mosteiro Fernandez, Ruben Porto Castro, Sandra Poceiro Casás e Hortensia Cid Arias.

En Twitter a sorte sorriu a @borja_barja, @BeaFarinhas e @AnxoPuntoPe.

E en Instagram os libros serán para @carballoverde, @anxoverdillo e @amandarodmar.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

E moito ollo... Estes días recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen anteriormente mencionadas.

Permanecede atentos ás nosas redes sociais, porque nos vindeiros días traeremos outro premio que agardemos que vos guste tanto ou máis ca este!

Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.

“Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible”. En “Cando leo”, Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.