Novas

Estas son as gañadoras de O país invisible

O verán segue traendo boas novas e novas deleituras. Xa temos as seis persoas afortunadas que levarán un exemplar de O país invisible, de Arturo Lezcano, unha obra que reconstrúe a gran epopea da emigración galega a América a través de historias reais de quen marchou, triunfou, fracasou, botou en falta a terra ou nunca puido volver. Un libro para comprender mellor unha parte esencial da nosa historia colectiva e da memoria de Galicia.

O PAÍS INVISIBLE ARTURO LEZCANO LOS LIBROS DEL K.O. DELEITEURA DELEITE GALEGO LITERATURA GALEGA LIBROS EN GALEGO

Estes días sorteamos seis exemplares nas nosas redes sociais. As persoas gañadoras son:

🔹 En Facebook: Alberto Tarela Barreiro e Marisa Seijas.
🔹 En X: @lorenacroa e @SuperChalas.
🔹 En Instagram: @al_fre_dinho e @paula__v__.

🩵 Moitas grazas a todas e todos por participar e por compartir connosco este novo sorteo literario. En Deleite Galego seguimos apostando pola lectura, pola cultura e polas historias que nos axudan a entender quen somos. Porque hai libros que tamén alimentan a memoria… e saben aínda mellor cando se desfrutan cun vaso do mellor leite posible 🥛📖

📩 Parabéns ás persoas gañadoras e grazas por formar parte da #XenteDeleite. As persoas afortunadas deberán escribirnos unha mensaxe privada na rede social na que participaron, indicando nome e apelidos, enderezo completo (con código postal), un número de teléfono de contacto e un correo electrónico. Moi pronto recibirán o seu exemplar na casa.

E atención... porque moi axiña volveremos con novos sorteos e máis deleituras 👀