Hai unhas semanas lanzamos o sorteo das xerras de leite máis orixinais do país, creadas pola ceramista viguesa, Abi Castillo. O sorteo tivo tanto éxito, que decidimos repetir a iniciativa regalando outras 6 vaca-xerriñas exclusivas, pezas únicas feitas a man que destilan talento galego e moita tenrura 🐮✨
A acollida volveu ser incrible. Grazas por compartir e seguir sumando enerxía a esta familia que é a #XenteDeleite e que non deixa de medrar. Sodes unha marabilla!
E imos ao que estades agardando: as vaca-xerriñas xa atoparon fogar. Estas son as 6 persoas afortunadas:
🔹 En Facebook: Almudena Currás Esmorís e Sandra Mosteiro Felípez
🔹 En Instagram: @douvichan e @hoehoelulu
🔹 En X (antes Twitter): @nunmardefondo e @yasmina_marfer
📩 As persoas agraciadas deberán escribirnos por mensaxe privada na rede onde participaron, deixando nome completo, enderezo con código postal e número de teléfono para coordinar o envío.
E se desta non houbo sorte… Calma! Axiña traeremos novos premios e sorpresas que seguro que ides adorar 💙