Novas

Deleite nos XXI Premios Mestre Mateo

MM2023

A gran triunfadora da noite foi O Corpo aberto. O filme da directora novel Ángeles Huerta, inspirado nun conto do escritor ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín, fíxose con doce dos galardóns entre os que se atopan mellor longametraxe, mellor dirección, mellor guión (compartido con Daniel García), mellor interpretación protagonista (Tamar Novas) e mellor interpretación de reparto (Federico Pérez).

Rapa foi a outra gran vencedora. A serie de Jorge Coira foi premiada ata en catro ocasións. O galardón a mellor actriz protagonista foi para Lucía Veiga, mentres que o de actriz de reparto recibiuno Berta Ojea.

Por outra banda, a xornalista Esther Estévez foi galardoada por segundo ano consecutivo co Mestre Mateo á mellor comunicadora mentres que María Casares. La mujer que vivió mil vidas fíxose coa estatuiña a mellor documental.

Nesta ocasión a academia quixo recoñecer o compromiso coa divulgación vinculada ao sector audiovisual do produtor, músico e compositor Nani García outorgándolle o Premio de honor Fernando Rey. O filme de animación Valentina, que no encontro dos finalistas do pasado 25 de febreiro xa recibira o Premio Deleite á promoción da lingua, acadou o premio de mellor filme de animación. 

Deleite Galego non quixo faltar á festa e mostrou outro ano máis o seu apoio ao audiovisual galego na súa gran noite.

O corpor abertoEsther EstévezTamar NovasLucía VeigaPablo MeixeVaquiñas

 

O pasado sábado tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense a vixésimo primeira edición dos premios Mestre Mateo. A gala tivo como mestra de cerimonias á actriz Bárbara Grandío que estivo acompañada no escenario polas intérpretes Victoria Teijeiro e Belén Constenla.