En Deleite toleamos. Un ano máis reafirmamos o noso compromiso coa cultura galega colaborando co EmigraSON, o festival galego no estranxeiro que volverá converter Bruxelas no epicentro da nosa música… Pero non nos chega con contalo!
Queremos que a #XenteDeleite o viva en primeira persoa. Por iso poñemos en marcha un sorteo nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e X) para levar dúas persoas a Bruxelas e gozar dun festival único con todo incluído.
A edición 2026 do EmigraSON celebrarase os días 27 e 28 de febreiro e presenta o cartel máis ambicioso da súa historia. Ao longo de dúas xornadas subirán aos escenarios artistas como Baiuca, Ortiga, The Rapants, Sabela, Paloma Paloma, 9Louro, Fer, Duendeneta Dilleis, xunto a propostas música tradicional galega que completan unha programación diversa, contemporánea e moi nosa.
A persoa gañadora do sorteo recibirá unha viaxe dobre con todo incluído para vivir o festival (entradas para os concertos e actividades, viaxe dobre a Bruxelas en avión desde Galicia, aloxamento en hotel e traslados desde o aeroporto). O sorteo comeza hoxe e finalizará o día 26 de xaneiro. O nome da persoa premiada publicarase nesta mesma páxina web. Para participar só é necesario seguir as normas que se indican nas nosas contas oficiais en cada rede social.
O EmigraSON é moito máis ca un festival. É unha iniciativa creada por galegos e galegas que viven fóra, que decidiron unir música, comunidade e identidade para achegar Galicia ao corazón de Europa. Un proxecto autoxestionado, sen ánimo de lucro, que serve de punto de encontro para a diáspora e de xanela para quen quere descubrir a nosa cultura. E iso, en Deleite, parécenos motivo máis que suficiente para seguir apoiándoo.
Podes consultar toda a información e as bases legais aquí.